En SJM promovemos o recoñecemento e a dignidade do emprego do fogar e de coidados

Acompañamos ás mulleres traballadoras para defenderen os seus dereitos e poñer fin á dobre discriminación que sofren. Buscamos a igualdade das mulleres que traballan neste sector mediante espazos de encontro, talleres en dereitos laborais, dinámicas de empoderamento e formación; e orientación e intermediación laboral e xurídica, sempre baixo a perspectiva do traballo en rede.

Temos constatado durante os anos de acompañamento a mulleres e colectivos de traballadoras en fogar e coidados unha grave vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres migrantes neste sector. Baixo estas situacións subxace unha problemática social máis fonda que se sustenta en subestimar o traballo de fogar e coidados, e en consideralo como unha función exclusiva de mulleres.