O programa de Hospitalidade promove unha cultura de solidariedade e inclusión das persoas migrantes e refuxiadas activando redes cidadás

Para o desenvolvemento de iniciativas de acolleita e acompañamento comunitario que proporcionen solucións estábeis e duradeiras de acolleita e integración. Entre as diferentes experiencias de acolleita contamos con redes de familias acolledoras, comunidades de teito laicas ou relixiosas, ou comunidades de patrocinio comunitario para a acolleita.

O programa busca acompañar a integralidade da persoa, respondendo ás diferentes dimensións para acadar unha inclusión plena: residencial, legal e administrativa, ocio-sanitaria, aprendizaxe do idioma e competencias básicas, formación e emprego, económica, participativa e relacional e reconciliación, empoderamento e cidadanía.