O SJM mantén unha liña de traballo na fronteira sur española cunha oficina en Melilla, na que:

  • Ofrecemos servizos de escoita, acompañamento legal, protección e defensa de dereitos ás persoas migrantes e refuxiadas en tránsito.
  • Coordinamos o labor de observación de Dereitos Humanos a ámbolos dous lados da fronteira coa Delegación Diocesana de Migracións en Nador.
  • Realizamos accións de litixio estratéxico, dando especial relevancia ós casos de liberdade de movemento para solicitantes de asilo.
  • Organizamos charlas de orientación e identificación e talleres de formación para outras entidades.

Desde 2019 SJM ampliou o seu labor de observación de Dereitos Humanos en fronteira mediante labores propios en sucesos relevantes:

Toma de testemuño de persoas que sufriron devolucións sumarias (tamén chamadas “en quente”).

Presenza de desembarcos tras rescate de pateras.

Asistencia letrada en situacións de crises como saltos do valado fronteirizo.

Documentos relacionados

Informe Fronteira Sur 2020

Categorías: Fronteira Sur