Os voluntarios e voluntarias supoñen o núcleo do traballo que realizan as entidades da rede de SJM por acompañar, servir e defender as persoas migrantes. Ademais do traballo do persoal técnico contratado, o labor das persoas voluntarias mostra o compromiso pola xustiza social da cidadanía, a proximidade humana e a calidez. 

Máis de 1.200 persoas voluntarias colaboran coas entidades da rede SJM en distintos puntos de España. Se queres facer voluntariado nalgunha das nosas entidades, enche este formulario: