Nalgunhas das entidades de SJM realízanse unha serie de actividades encamiñadas ó achegamento da realidade local ás diversas culturas das persoas migrantes que cohabitan nos ámbitos locais onde opera a nosa rede. Estas iniciativas son espazos de diálogo intercultural e interreligioso que constrúen pontes de comunicación e entendemento.
