Desde SJM xeramos comunicados e posicionamentos nos que definimos a nosa postura respecto de determinados temas de alcance nacional e internacional, co obxecto de influírmos na axenda política e social, sempre perseguindo a defensa e garantía dos dereitos das persoas migrantes.

Estes documentos nacen da análise e a investigación das entidades de SJM en territorio nacional, así como de organizacións e actores relevantes dentro das redes nas que traballamos, principalmente no ámbito da Unión Europea con JRS Europe, pois as principais decisións en materia migratoria son adoptadas desde Bruxelas.

O noso traballo de posicionamento pretende acadar unha transformación nas políticas migratorias actuais mediante a análise do marco sociopolítico actual e a elaboración de propostas xurídicas alternativas que garantan a dignidade das persoas migrantes, e sirva de protección e defensa das máis vulnerábeis.

Comunicados destacados