O SJM aspira a abranguer o conxunto das dimensións do traballo pola xustiza

Acompañando e defendendo a persoa migrante en tódalas fases do seu proceso migratorio.

O SJM traballa en alianza con outras organizacións para previr as causas na orixe da migración forzosa.

E desde a chegada ao territorio, con presenza na fronteira sur española, ata os procesos de acolleita, integración e cidadanía, mediante a Hospitalidade que supón os seus procesos de inclusión social, o acceso a dereitos, a plena participación na sociedade, o fortalecemento asociativo, a xestión da diversidade cultural e relixiosa, a visibilidade da muller migrante traballadora no fogar etc.

Realizamos labor de sensibilización á cidadanía e de incidencia cos poderes públicos sobre as cuestións de política migratoria, integración e convivencia social, e a cooperación e coherencia de medidas políticas. 

Traballamos nos procesos de exclusión:

CIE, situacións de reemigración e expulsión. Presentes en contextos de detención e internamento, garantindo o cumprimento de estándares de dereitos humanos, acompañando procesos de expulsión e retornos en contexto europeo polo Regulamento de Dublín.

Traballo en Rede

JRS

O Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS polas súas siglas en inglés) foi fundado pola Compañía de Xesús en 1980 como unha resposta á fuxida crecente de poboación refuxiada debido a conflitos armados. Desde entón, multiplicáronse progresivamente as iniciativas locais, dentro do marco de rede global, que se agruparon por rexións.

Deste xeito, o SJM forma parte do JRS Europa xunto con outras 17 oficinas nacionais dos países europeos membros, traballando en coordinación desde a oficina de Bruxelas. O JRS Internacional, con sé en Roma, continúa o seu labor de acompañamento, servizo e defensa das persoas migrantes e refuxiadas en máis de 80 países de todo o mundo.

Rede Migrantes con Dereitos

O SJM participa na rede intraeclesial Migrantes con Dereitos a través do Sector Social de Xesuitas, que se integra dentro da CONFER (Confederación Española de Relixiosos e Relixiosas). As organizacións da Igrexa que traballan no ámbito da migración e refuxio e que forman esta alianza son Cáritas Española, Xustiza e Paz, a Comisión Episcopal de Migracións da Conferencia Episcopal e CONFER.