SJM realiza visitas periódicas ás persoas internas nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Madrid, Barcelona, Valencia, Alxeciras e Tarifa, onde constatamos a desesperación, o sufrimento e a vulnerabilidade debidas á incerteza que representa unha inminente repatriación e ás condicións materiais en que se produce a privación de liberdade.

Isla de Las Palomas, Tarifa, Spain. Detention Centre.

Levamos a cabo actuacións legais estratéxicas encamiñadas a mellorar a situación dos internos e a defender os seus dereitos. E publicamos informes anuais en base a cifras oficiais e ás nosas visitas para visibilizar a situación das persoas internadas nos centros e xerar un debate público máis amplo e profundo, ademais de propoñer alternativas máis humanas e dignas.