O obxectivo é poñer ao alcance recursos, xa sexan materiais ou de asesoramento técnico, para facilitar a participación social, o acceso a unha plena cidadanía e fomentar a construción de redes de tecido asociativo.

A liña de traballo de cidadanía e participación aglutina unha serie de iniciativas que inciden en maior medida no ámbito socio-comunitario local. Coa idea de xerar espazos de encontro, formación, fortalecemento de redes comunitarias, liderado, lecer, fomento do asociacionismo e acompañamento a migrantes nos seus procesos de empoderamento, as entidades da rede SJM realizan diversas actividades nun marco participativo.