Máis de 58.000 persoas acompañadas pola rede SJM no 2019

O Servizo Xesuíta a Migrantes (SXM) presenta a súa Memoria Anual 2019, nun ano no que se consolidou o labor de acompañamento, servizo e defensa das persoas migrantes e refuxiadas, e o seu pleno acceso á cidadanía. Un total de 58.965 persoas foron acompañadas no 2019 polas obras que forman parte da rede nas distintas liñas de traballo.

No eido da Inclusión, que ten por obxectivo facilitar ferramentas de integración á poboación migrante nas cidades nas que traballamos, casi 40.000 persoas foron acompañadas en atención xurídica, laboral e psico-social individualizada; primeira acollida e orientación básica; e en proxectos de empleabilidade e formación.

A oficina de Frontera Sur en Melilla, na que se ofrece asesoramento xurídico xunto ó labor de observación de dereitos humanos, foron atendidas 530 persoas de 21 nacionalidades distintas o pasado ano; ademáis de 130 accións legáis levadas a cabo ante distintas autoridades e institucións.

En Hospitalidade, a liña de acollida a persoas migrantes forzosas especialmente vulnerables, 460 persoas foron acollidas residencialmente en máis de 70 iniciativas solidarias tanto de grupos laicos, rede de familias, como comunidades relixiosas. O proxecto de Patrocinio Comunitario no País Vasco foi o feito máis innovador do ano. 53 das persoas acollidas eran mulleres que formaron parte de proxectos específicos de xénero, así como moitas das persoas acollidas eran mozos e mozas non acompañados.

Outra das liñas de traballo é a presenza nos CIE (Centros de Internamento de Extranxeiros) onde un grupo de persoas voluntarias e técnicas visitan aos internos en cinco lugares diferentes do territorio. En 2019, ademáis de presentar o noveno informe anual, realizáronse 1.462 visitas a 793 persoas; e se levaron a cabo 61 accións legáis co fin de mellorar as condicións de internamento e traballar polo fin destes inhumanos centros.

Un forte pulo experimentó a liña de Diálogo Interrelixioso, coa consolidación de tres espazos de sensibilización sobre a diversidade de crenzas, polos que pasaron case 7.000 persoas (a maioría alumnado de centros educativos) e o inzamento de numerosas actividades de intercambio cultural, nas que participaron máis de 1.600 persoas.  

A liña estratéxica de Muller Migrante e Traballo do Fogar continuou co apoio a case 5.000 mulleres, sobre todo no terreo laboral e formativo. A tarefa centrouse no fortalecemento das súas liñas de defensa de dereitos en espazos de traballo do fogar e coidados e de sensibilización hacia a opinión pública, así como incidencia coas autoridades políticas. No eido de Cidadanía e Participación tiveron lugar numerosas iniciativas novedosas e innovadoras para fortaleceren lazos comunitarios nos barrios e impulsaren a autonomía e a voz propia das persoas migrantes. 420 persoas pasaron por espazos de participación cidadaá e unhas 1.500 por iniciativas de ocio e lecer.

O SXM agradece de forma sincera e agarimosa a todas as persoas que fan posible este labor que ten por obxectivo acadar a xustiza social e obter unha maior inclusión e igualdade para as persoas migrantes: mais de 1.200 persoas voluntarias e case que 70 membros dos equipos técnicos e directivos que forman o grupo humano que impulsa o traballo do SXM.

Mulleres Emprendedoras xurdiron do Grupo Mulleres Migrantes do SXM

Patricia Azpelicueta e Isabel Acosta son a inspiración doutras mulleres do Servizo Xesuíta a Migrantes de Valencia agora recoñecidas polos seus esforzos de moda activista (@makayole) e Coach ontolóxico empresarial (@ isabele.acosta).

Hai máis dun ano decidiron formar parte do grupo Reconstruíndo Historias da área Muller-Migrante, alí falaban de “Empoderamento”, e empoderábanse, falaron de “negocio e viabilidade” e crearon o seu propio.

As mulleres do SXM Valencia, unha área coordinada por Angélica Zuluaga L., percorren un camiño de acompañamento, reflexión sobre o proceso migratorio e as decisións, utilizando a arte como forma de expresión. Fixeron varias representacións con historias sobre a súa propia experiencia migratoria, escribiron e leron historias na celebración do Día do Comercio Xusto na Praza do Concello de Valencia, organizaron un Recital de Poesía o Día da Celebración do Nadal dos Pobos e ata unha Pasarela polos Dereitos das Mulleres, desfilaron consignas de: Solidariedade, Igualdade, Respecto, Integración e outros conceptos que querían poñer de moda.

Pero non só empregaron arte e palabras, senón que foron máis alá e traballaron nas posibilidades de ser as súas propias xefas, imaxinando un soño, o de ter os seus propios negocios.

A través dun traballo en rede entre o Servizo Xesuíta a Migrantes e a Fundación Novaterra, iniciaron un camiño inspirador para moitas mulleres que decidiron migrar, elas tiñan as forzas e o SXM as razóns necesarias para apoiar as súas ideas, así xorden estas emprendedoras que conseguiron comezar os seus proxectos grazas ao abrigo do SXM, ó Programa de Emprendemento de Novaterra e ó financiamento de Caixa Popular. Un programa inspirado no programa de microcréditos do premio Nobel da Paz Muhammad Yunus logo da súa visita a Valencia da man de Tandem Social, hai dous anos.

Chega a COVID 19, o estado de Alarma, pero grazas ó compromiso e a credibilidade de Mavi Leida Fernández da Fundación Novaterra e o seu apoio a través das TIC´s, nova modalidade adoptada e ó apoio da Caixa Popular foron un piar fundamental para a sostenibilidade dos proxectos, é que chegaron ata aquí.

Así o relata tan ben Ana Mansergas no seu artigo de Valencia Plaza

<<Ser emprendedora y mujer no es nada fácil de primeras. Y si a esto se le suma  la época del confinamiento, más se complica el asunto. Pero a veces los retos son tan complicados como maravillosos, y este es el caso de 4 mujeres valientes que han podido poner en marcha sus proyectos gracias a la visita en 2018 del Premio Nobel Yunus y a los microcréditos >> 

Maka y Olé é o emprendimento  de Patricia Azpelicueta, adicado á venda en liña de Moda Activista. Unha moda que se preocupa non só por ser sostible, orgánica e ética, a partir dos materiais empregados; sen contaminación nin explotación laboral; sino tamén cun forte compromiso social e ético con diferentes causas.

As súas camisetas, suadoiros, bolsos e accesorios teñen diferentes coleccións e cada camiseta é unha reflexión e ten unha historia. A Colección Fine Art onde reflexionamos sobre a “Vibración Universal”, “Microcosmo e macrocosmo”, “Que é a Identidade?”, “A terra non nos pertence, nós pertencemos á terra”, “A derradeira fonte de auga pura” ; non deixará a ninguén indiferente. Engádense os Collages do artista plástico valenciano Enric Gimeno, que reflexiona sobre as “Novas masculinidades”, “A construción do xénero,” A libre circulación das persoas “e o noso Eco Deseño como “A melancolía das baleas “, A auga, “Black rain”, os Océanos,”Abraza á Nai Natureza “. Podedes atopar máis información en @makayole.