# SoloConUnaOportunidad: pola reforma do Regulamento de Estranxeiría para a integración de mozas que migran sós

A reforma do Regulamento de Estranxeiría proposta polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, e aínda pendente de aprobación polo Goberno, supoñería unha aposta por mellorar a vida de moitos mozos que chegaron sós ao noso país e aínda viven connosco.  Desde SJM lanzamos a campaña #SoloConUnaOportunidad: unha forma de visibilizar o impacto que esta decisión política tería na vida de miles de mozos migrantes. Actualmente, persoas como Mohammed ven paralizada a súa traxectoria vital, xa que deben renovar os seus papeis cumprindo requisitos económicos pensados para poboación con alto poder adquisitivo. Con esta reforma, estes mozos poderían obter un réxime de permisos de residencia axustados á súa realidade. Unha medida que supoñería maior estabilidade na situación administrativa de Mohamed, para poder centrarse exclusivamente no seu curso de xardinería e nas súas futuras oportunidades laborais.

             Ademais do desafío que supón migrar sendo menor de idade, sen compañía e sen redes de apoio, os e as menores non acompañados que chegan ao noso país enfróntanse a unha regulación de estranxeiría que non se axusta á súa realidade vital e que esixe requisitos de difícil alcance para continuar tendo unha autorización de residencia unha vez son maiores de idade. Ante estas dificultades, o Ministerio publicou o pasado mes de marzo un borrador de proposta de modificación dos artigos do Regulamento de Estranxeiría que regulan o réxime dos e das menores non acompañados, así como daqueles mozos que acceden á vida adulta tras estar tutelados por unha administración. Este borrador someterase a debate para a súa aprobación no seo do Goberno de España no futuro inmediato. Da vontade política depende esta decisión coa que miles de persoas poderían optar a ter un futuro digno na nosa sociedade.

            Que novidades incluiría esta reforma?

            Consulta nesta táboa os principais cambios que se propoñen:

            Coa campaña #SoloConUnaOportunidad, mozos como Mohammed, que forman parte dalgúns dos recursos de acompañamento da rede SJM con este colectivo, contan os seus plans de futuro que neste momento seguen paralizados á espera dunha oportunidade que lles permita participar plenamente na sociedade e ter un proxecto vital máis estable.

            Esta campaña enmárcase dentro do traballo conxunto dun grupo de organizacións de sociedade civil en defensa dos dereitos da infancia migrante.

Proposta para Reforma do Regulamento de Estranxeiría que garante inclusión de nenos, nenas, mozos e mozas migrantes non acompañados.

ENTIDADES E PROFESIONAIS DE INFANCIA E MIGRACIÓN PROPOÑEN UNHA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE EXTRANXEIRÍA QUE GARANTE O DEREITO PARA DOCUMENTARSE DOS NENOS E NENAS QUE CHEGAN SÓS A ESPAÑA.

Estas propostas, realizadas no marco do trámite de consulta pública aberto polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a principios de febreiro, teñen como único fin facilitar a tódoslos nenos e nenas a súa transición á vida adulta.

A proposta de modificación que expoñen os profesionais e entidades expertas teñen como obxectivo garantir a plena e efectiva integración na sociedade española destes nenos, nenas, mozos e mozaas, de acordo coa lexislación nacional e internacional que garante a protección dos Dereitos Humanos, e, en especial, os Dereitos da infancia.

O documento presentado céntrase nos artigos relativos á identificación, documentación, tramitación e renovación das autorizacións de residencia e traballo dos nenos, nenas e adolescentes que chegaron sós a España e que estiveron baixo a garda e/ou tutela das entidades públicas de protección das Cidades e Comunidades Autónomas. Seguindo a liña das recomendacións do Defensor do Pobo xa aceptadas polo Ministerio, exponse a necesidade dunha modificación exhaustiva dos artigos 196, 197 e 198, e, dando un paso máis, propóñense modificacións dos artigos 148, 190 e 211 do mesmo texto regulamentario.

Ademais, inclúense varias Disposicións Transitorias para a aplicación retroactiva do Regulamento, co obxectivo de documentar a todos os mozos e mozas que, aínda que foron menores de idade desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a actualidade, non accederon á súa documentación a pesar de ter dereito a iso, o que lles sitúa en situación de exclusión social.

O Regulamento actual multiplica trámites administrativos, dilúe responsabilidades entre as distintas administracións e non proporciona respostas áxiles e eficaces ás necesidades reais destes nenos e nenas. A falta de autorización de traballo automática para os mozos e os mozas migrantes en idade laboral, as esixencias ao sector empresarial e aos mozos e mozas para a tramitación da súa autorización de traballo e posterior contratación, a vixencia de tan só un ano das tarxetas de residencia dos menores tutelados e os obstáculos para a súa renovación, as dificultades na obtención das cédulas de inscrición e a disparidade de criterios a nivel provincial para a súa tramitación e o non recoñecemento da validez dos documentos de identidade dos nenos e nenas expedidos polas Autoridades dos seus países de orixe, son algunhas das cuestións que abocaron á infancia e mocidade á máis absoluta indefensión.

CONSULTA AQUÍ LA NOTA DE PRENSA CON TODAS LAS PROPUESTAS Descarga

CONSULTA AQUÍ EL DOCUMENTO COMPLETO DE PROPUESTAS DE REFORMA RLOEX Descarga

VIII Camiñada pola dignidade- Tarajal non esquecemos

Como cada ano dende o 2014, participamos nas CAMIÑADAS POLA DIGNIDADE na memoria das, ao menos, 14 persoas ás que arrebatáronlle a vida o 6 de febreiro do 2014 na praia do Tarajal de Ceuta.

Este ano foi una camiñada especial pola situación que estamos a vivir pola pandemia, e aínda así, atopáronse alternativas para FACER MEMORIA, DEFENDER A VIDA E EXIXIR DEREITOS.

O pasado 5 de febrero pola tarde, compartimos  unha mesa redonda moi interesante na que interviron Patuca Fernández, avogada na Fundación La merced Migraciones que explicou a evolución e o estado do caso na actualidade, María José Aguilar, catedrática de Traballo social e Servicios sociais na Universidade de Castela a Mancha coa presentación “Políticas migratorias: políticas de morte”, Txema Santana de CEAR Canarias para contar a situación dende 2019 nas illas coa presentación “Canarias: o muro que emerxe do mar”, Mamadou Dia da asociación Hatay sonrisas de Gandiol coa presentación “Senegal: xóvenes na busca de alternativas” e Sani Ladán, vicepresidente da Asociación Elín coa presentación “Dereitos o camiño cara o futuro”. Na mesa redonda tamén actuaron en directo o cantante Pedro Sosa e a cantante Mia Fuentes.

O día seguinte, sábado 6 de febreiro, dende más de 30 cidades realizáronse actos pola memoria. En Ceuta, como cada ano, foi un acto moi emotivo, un grupo de persoas reuniuse na mesma praia do Tarajal e léronse os nomes das persoas ás que arrebatáronlle a vida aquel fatídico día e acendeuse unha candea por cada unha delas. Escoitamos unha canción e limos o manifesto. En Melilla participamos xunto a outras organizacións como Geum Dodou nunha homenaxe pola memoria das persoas desaparecidas e reclamouse xustiza.

Sete anos de impunidade e inxustiza non poden quedar no esquecemento. Sete anos exixindo dereitos e facendo memoria. #TarajalNoOlvidamos

O SJM renova a súa imaxe corporativa

O Servizo Xesuíta a Migrantes – España (SJM) renova a súa imaxe corporativa para seguir consolidando o seu traballo de acompañamento, servizo e defensa ás persoas migrantes e refuxiadas. Hai máis de 10 anos o SJM naceu como unha rede que aglutina ás organizacións sociais xesuítas que traballan en diversas cidades acompañando á poboación migrante. Nos últimos tempos, a rede foise consolidando en máis espazos da xeografía española. Este cambio que afronta agora a entidade responde á misión e visión que nos acompañou desde as nosas raíces: a necesidade de responder os cambios sociais e a convicción de que a mobilidade e a adaptación é unha calidade e unha condición intrínseca de todos os seres humanos.

Esta renovación de imaxe e da páxina web supón unha aposta actualizada que nos axuda a comunicar quen somos no noso contexto actual. O novo logo responde a unha figura simplificada, moderna e estilizada, cunha cor coherente co do Sector Social da Compañía de Jesús, ao cal pertence SJM. A tipografía suave simboliza a proximidade e a calidez coa que o persoal profesional e voluntariado desempeñan o seu labor diario.

O ‘m’ de migrantes representa a nosa esencia principal: a parte superior representa unha ponte de achegamento a outras culturas e relixións, onde a diversidade é riqueza e a discriminación non ten lugar. A parte inferior está formada por tres brazos que responden as tres palabras que configuran o lema da organización irmá do SJM, o Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS): acompañar, servir e defender.


SJM é unha rede de entidades que traballan pola defensa dos dereitos das persoas migrantes e o seu pleno acceso á cidadanía, presentes en 10 cidades do territorio: Barcelona (Migra Studium), Bilbao (Fundación Ellacuría), Burgos (Atalaia Intercultural), Madrid (Pobos Unidos-Pai Rubio), San Sebastián (Asoc. Loiolaetxea), Sevilla (Asoc. Claver), Tudela (Centro Lasa), Valencia ( SJM Valencia), Valladolid (Rede Íncola), ademais dunha oficina técnica en Madrid e outra de atención en Melilla.

Publicamos ‘Buscar Saída’ o informe de Fronteira Sur 2020

Publicamos o informe de Fronteira Sur 2020, Buscar Saída, no que lanzamos unha serie de propostas á Administración para cumprir cos dereitos humanos na fronteira sur.

Esta terceira publicación sobre a área de Fronteira Sur recolle o labor de acompañamento á poboación  migrante e de observación de Dereitos Humanos que a entidade realiza desde a oficina de Melilla, ademais analiza as consecuencias sociais e xurídicas que ten o endurecemento do control migratorio naqueles que buscan saída ao seu tránsito pola cidade.

O informe estrutúrase ao redor de sete cuestións esenciais para comprender o contexto en fronteira: entre elas, o drama de quen arrisca a vida para pedir asilo; a falta de garantías nos procedementos de devolución; a sentenza do Tribunal Supremo que garante o dereito a libre circulación de solicitantes de asilo desde Ceuta e Melilla; o problema de considerar como criminais a vítimas de trata; os dramas de mozos que pasan de centros tutelados a situación de rúa; a separación familiar por un celo desproporcionado; e as medidas en contexto de pandemia que agravan a situación das persoas  migrantes.

Buscar Saída continúa e amplía a biblioteca de informes sobre Fronteira Sur que  SJM publica de forma bianual, documentos que foron debuxando o camiño da realidade migratoria en Melilla en busca sempre dunha política migratoria humana e segura.

A rede Migrantes con Dereitos promove unha campaña para frear as devolucións sumarias

A Rede Migrantes con Dereitos promove unha campaña de sensibilización contra as Devolucións Sumarias, tamén chamadas «devolucións en quente». 

Dende hai varios anos a Rede realiza un traballo de denuncia e defensa por mor da vulneración de dereitos na Fronteira; así mesmo, acompaña con outras entidades de Igrexa ás persoas que son devoltas masivamente.

Cando o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos emitiu a Sentenza sobre este asunto, amosamos o noso malestar sobre a mesma, precisamente porque evidenciamos o retroceso na protección das persoas migrantes e refuxiadas. 

Gostarianos explicarche en que consisten as Devolucións sumarias coñecidas como devolucións «en quente». 

¿Sabes o que son as Devolucións Sumarias? 

As persoas estranxeiras que entran a España polo valado de Ceuta e Melilla non acceden por un posto fronteirizo e a Lei de Estranxeiría di que, nestes casos, hai que abrir un expediente sancionador que se tramita cun procedemento administrativo de devolución. 

En Ceuta e Melilla aplícanse, de xeito particular, os procedementos de DEVOLUCIÓNS SUMARIAS, tamén chamadas «Devolucións en quente», que non cumpren coas suficientes garantías de protección de Dereitos Humanos. ¿Cales son esas garantías que non se cumpren? 

  • As persoas non son identificadas, por iso, non sabemos se son menores ou solicitantes de asilo.
  • Non teñen acceso a un avogado nin a recorrer esa decisión. 
  • Non hai tradutor, entón: ¿Como podemos chegar a saber a súa situación persoal na súa orixe e o motivo polo que chegou? 
  • As persoas están desamparadas. Antes había persoas e organizacións que documentaban o sucedido. Agora, isto está sancionado cunha grave multa. NON CHEGAMOS A SABER O QUE PASA DIRECTAMENTE

Entrevista a Santiago Agrelo aquí.

O Tribunal Supremo confirma o dereito á libre circulación de solicitantes de asilo polo territorio naciona

A sentencia impide ó Ministerio restrinxir a viaxe ós solicitantes de asilo dende Melilla ou Ceuta a outros puntos do territorio español e do espazo Schengen.

O SJM recibiu a sentencia favorable do Tribunal Supremo datada o 29 de xullo de 2020 que establece a xurisprudencia sobre o dereito á libre circulación por todo o territorio nacional dos solicitantes de asilo documentados, coa mera obriga legal de comunicar os trocos de domicilio: dereito que non se pode restrinxir a quen solicita protección internacional dende Melilla ou Ceuta. O comisario xeral de Inmigración e Fronteiras non pode restrinxir dereitos fundamentais sen depender directamente da lei, e a lei de asilo non lle permite impedir a libre circulación dos solicitantes de asilo.

O Tribunal Supremo desmonta a interpretación que fai o Ministerio do Interior do sentido dos controis policiais de documentación antes do embarque entre Melilla(ou Ceuta) e o resto do territorio español, incluído o territorio Schengen: non impiden o paso dos solicitantes de asilo no suposto de que cruzaran a fronteira sen a documentación requerida para entrar no espazo Schengen, senon que intenta controlar se as persoas que entraron en Melilla(ou Ceuta) sen necesidade de visado, teñen a documentación suficiente para acceder ao resto de España ou ós estados do espazo Schengen. E no que se refire ós solicitantes de asilo, o que conta é que a tarxeta vermella que os documenta é unha autorización de residencia provisional que recoñece o seu dereito fundamental á libre circulación e á libre elección de residencia coa mera obriga de notificar os cambios de domicilio. 

O caso promovido polo SJM ten unha peculiaridade procesal cando se compara co promovido por CEAR en Ceuta e obtivo unha sentenza favorable o 28 de xullo do 2020. El SJM ataca unha resolución do Comisario Xeral de Inmigración e Fronteiras que negoulle ó seu defendido o dereito a viaxar. CEAR ataca a validez da mención “Válido só en Ceuta” (ou en melilla) engadida á tarxeta vermella. O SJM tamén seguiu este camiño noutros casos similares. Incluso presentou algún recurso contencioso-administrativo polo procedemento especial de protección de dereitos fundamentais, que require a intervención do Ministerio Fiscal para o interese público da materia. Aínda non temos sentenza do tribunal Supremo mais as alegacións do Fiscal están en consonancia coas sentenzas dos tribunais superiores de xustiza de Andalucía e de Madrid, respecto do que defendemos no SJM e no CEAR nos nosos respectivos casos.O SJM está de noraboa, do mesmo xeito como o están as persoas que solicitan asilo dende Ceuta e Melilla. O ministerio do Interior non ten marxe para seguir impoñendo a súa defectuosa interpretación da lei. Mais temos que vixiar para que Interior troque a súa política máis alá de acatar e cumprir cada sentenza sobre o asunto que perde. Cómpre que o Ministerio cumpra a lei e protexa os dereitos fundamentais, tamén dos solicitantes de asilo en Melilla e en Ceuta.

Máis de 58.000 persoas acompañadas pola rede SJM no 2019

O Servizo Xesuíta a Migrantes (SXM) presenta a súa Memoria Anual 2019, nun ano no que se consolidou o labor de acompañamento, servizo e defensa das persoas migrantes e refuxiadas, e o seu pleno acceso á cidadanía. Un total de 58.965 persoas foron acompañadas no 2019 polas obras que forman parte da rede nas distintas liñas de traballo.

No eido da Inclusión, que ten por obxectivo facilitar ferramentas de integración á poboación migrante nas cidades nas que traballamos, casi 40.000 persoas foron acompañadas en atención xurídica, laboral e psico-social individualizada; primeira acollida e orientación básica; e en proxectos de empleabilidade e formación.

A oficina de Frontera Sur en Melilla, na que se ofrece asesoramento xurídico xunto ó labor de observación de dereitos humanos, foron atendidas 530 persoas de 21 nacionalidades distintas o pasado ano; ademáis de 130 accións legáis levadas a cabo ante distintas autoridades e institucións.

En Hospitalidade, a liña de acollida a persoas migrantes forzosas especialmente vulnerables, 460 persoas foron acollidas residencialmente en máis de 70 iniciativas solidarias tanto de grupos laicos, rede de familias, como comunidades relixiosas. O proxecto de Patrocinio Comunitario no País Vasco foi o feito máis innovador do ano. 53 das persoas acollidas eran mulleres que formaron parte de proxectos específicos de xénero, así como moitas das persoas acollidas eran mozos e mozas non acompañados.

Outra das liñas de traballo é a presenza nos CIE (Centros de Internamento de Extranxeiros) onde un grupo de persoas voluntarias e técnicas visitan aos internos en cinco lugares diferentes do territorio. En 2019, ademáis de presentar o noveno informe anual, realizáronse 1.462 visitas a 793 persoas; e se levaron a cabo 61 accións legáis co fin de mellorar as condicións de internamento e traballar polo fin destes inhumanos centros.

Un forte pulo experimentó a liña de Diálogo Interrelixioso, coa consolidación de tres espazos de sensibilización sobre a diversidade de crenzas, polos que pasaron case 7.000 persoas (a maioría alumnado de centros educativos) e o inzamento de numerosas actividades de intercambio cultural, nas que participaron máis de 1.600 persoas.  

A liña estratéxica de Muller Migrante e Traballo do Fogar continuou co apoio a case 5.000 mulleres, sobre todo no terreo laboral e formativo. A tarefa centrouse no fortalecemento das súas liñas de defensa de dereitos en espazos de traballo do fogar e coidados e de sensibilización hacia a opinión pública, así como incidencia coas autoridades políticas. No eido de Cidadanía e Participación tiveron lugar numerosas iniciativas novedosas e innovadoras para fortaleceren lazos comunitarios nos barrios e impulsaren a autonomía e a voz propia das persoas migrantes. 420 persoas pasaron por espazos de participación cidadaá e unhas 1.500 por iniciativas de ocio e lecer.

O SXM agradece de forma sincera e agarimosa a todas as persoas que fan posible este labor que ten por obxectivo acadar a xustiza social e obter unha maior inclusión e igualdade para as persoas migrantes: mais de 1.200 persoas voluntarias e case que 70 membros dos equipos técnicos e directivos que forman o grupo humano que impulsa o traballo do SXM.