# SoloConUnaOportunidad: pola reforma do Regulamento de Estranxeiría para a integración de mozas que migran sós

A reforma do Regulamento de Estranxeiría proposta polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, e aínda pendente de aprobación polo Goberno, supoñería unha aposta por mellorar a vida de moitos mozos que chegaron sós ao noso país e aínda viven connosco.  Desde SJM lanzamos a campaña #SoloConUnaOportunidad: unha forma de visibilizar o impacto que esta decisión política tería na vida de miles de mozos migrantes. Actualmente, persoas como Mohammed ven paralizada a súa traxectoria vital, xa que deben renovar os seus papeis cumprindo requisitos económicos pensados para poboación con alto poder adquisitivo. Con esta reforma, estes mozos poderían obter un réxime de permisos de residencia axustados á súa realidade. Unha medida que supoñería maior estabilidade na situación administrativa de Mohamed, para poder centrarse exclusivamente no seu curso de xardinería e nas súas futuras oportunidades laborais.

             Ademais do desafío que supón migrar sendo menor de idade, sen compañía e sen redes de apoio, os e as menores non acompañados que chegan ao noso país enfróntanse a unha regulación de estranxeiría que non se axusta á súa realidade vital e que esixe requisitos de difícil alcance para continuar tendo unha autorización de residencia unha vez son maiores de idade. Ante estas dificultades, o Ministerio publicou o pasado mes de marzo un borrador de proposta de modificación dos artigos do Regulamento de Estranxeiría que regulan o réxime dos e das menores non acompañados, así como daqueles mozos que acceden á vida adulta tras estar tutelados por unha administración. Este borrador someterase a debate para a súa aprobación no seo do Goberno de España no futuro inmediato. Da vontade política depende esta decisión coa que miles de persoas poderían optar a ter un futuro digno na nosa sociedade.

            Que novidades incluiría esta reforma?

            Consulta nesta táboa os principais cambios que se propoñen:

            Coa campaña #SoloConUnaOportunidad, mozos como Mohammed, que forman parte dalgúns dos recursos de acompañamento da rede SJM con este colectivo, contan os seus plans de futuro que neste momento seguen paralizados á espera dunha oportunidade que lles permita participar plenamente na sociedade e ter un proxecto vital máis estable.

            Esta campaña enmárcase dentro do traballo conxunto dun grupo de organizacións de sociedade civil en defensa dos dereitos da infancia migrante.

O SJM renova a súa imaxe corporativa

O Servizo Xesuíta a Migrantes – España (SJM) renova a súa imaxe corporativa para seguir consolidando o seu traballo de acompañamento, servizo e defensa ás persoas migrantes e refuxiadas. Hai máis de 10 anos o SJM naceu como unha rede que aglutina ás organizacións sociais xesuítas que traballan en diversas cidades acompañando á poboación migrante. Nos últimos tempos, a rede foise consolidando en máis espazos da xeografía española. Este cambio que afronta agora a entidade responde á misión e visión que nos acompañou desde as nosas raíces: a necesidade de responder os cambios sociais e a convicción de que a mobilidade e a adaptación é unha calidade e unha condición intrínseca de todos os seres humanos.

Esta renovación de imaxe e da páxina web supón unha aposta actualizada que nos axuda a comunicar quen somos no noso contexto actual. O novo logo responde a unha figura simplificada, moderna e estilizada, cunha cor coherente co do Sector Social da Compañía de Jesús, ao cal pertence SJM. A tipografía suave simboliza a proximidade e a calidez coa que o persoal profesional e voluntariado desempeñan o seu labor diario.

O ‘m’ de migrantes representa a nosa esencia principal: a parte superior representa unha ponte de achegamento a outras culturas e relixións, onde a diversidade é riqueza e a discriminación non ten lugar. A parte inferior está formada por tres brazos que responden as tres palabras que configuran o lema da organización irmá do SJM, o Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS): acompañar, servir e defender.


SJM é unha rede de entidades que traballan pola defensa dos dereitos das persoas migrantes e o seu pleno acceso á cidadanía, presentes en 10 cidades do territorio: Barcelona (Migra Studium), Bilbao (Fundación Ellacuría), Burgos (Atalaia Intercultural), Madrid (Pobos Unidos-Pai Rubio), San Sebastián (Asoc. Loiolaetxea), Sevilla (Asoc. Claver), Tudela (Centro Lasa), Valencia ( SJM Valencia), Valladolid (Rede Íncola), ademais dunha oficina técnica en Madrid e outra de atención en Melilla.

Máis de 58.000 persoas acompañadas pola rede SJM no 2019

O Servizo Xesuíta a Migrantes (SXM) presenta a súa Memoria Anual 2019, nun ano no que se consolidou o labor de acompañamento, servizo e defensa das persoas migrantes e refuxiadas, e o seu pleno acceso á cidadanía. Un total de 58.965 persoas foron acompañadas no 2019 polas obras que forman parte da rede nas distintas liñas de traballo.

No eido da Inclusión, que ten por obxectivo facilitar ferramentas de integración á poboación migrante nas cidades nas que traballamos, casi 40.000 persoas foron acompañadas en atención xurídica, laboral e psico-social individualizada; primeira acollida e orientación básica; e en proxectos de empleabilidade e formación.

A oficina de Frontera Sur en Melilla, na que se ofrece asesoramento xurídico xunto ó labor de observación de dereitos humanos, foron atendidas 530 persoas de 21 nacionalidades distintas o pasado ano; ademáis de 130 accións legáis levadas a cabo ante distintas autoridades e institucións.

En Hospitalidade, a liña de acollida a persoas migrantes forzosas especialmente vulnerables, 460 persoas foron acollidas residencialmente en máis de 70 iniciativas solidarias tanto de grupos laicos, rede de familias, como comunidades relixiosas. O proxecto de Patrocinio Comunitario no País Vasco foi o feito máis innovador do ano. 53 das persoas acollidas eran mulleres que formaron parte de proxectos específicos de xénero, así como moitas das persoas acollidas eran mozos e mozas non acompañados.

Outra das liñas de traballo é a presenza nos CIE (Centros de Internamento de Extranxeiros) onde un grupo de persoas voluntarias e técnicas visitan aos internos en cinco lugares diferentes do territorio. En 2019, ademáis de presentar o noveno informe anual, realizáronse 1.462 visitas a 793 persoas; e se levaron a cabo 61 accións legáis co fin de mellorar as condicións de internamento e traballar polo fin destes inhumanos centros.

Un forte pulo experimentó a liña de Diálogo Interrelixioso, coa consolidación de tres espazos de sensibilización sobre a diversidade de crenzas, polos que pasaron case 7.000 persoas (a maioría alumnado de centros educativos) e o inzamento de numerosas actividades de intercambio cultural, nas que participaron máis de 1.600 persoas.  

A liña estratéxica de Muller Migrante e Traballo do Fogar continuou co apoio a case 5.000 mulleres, sobre todo no terreo laboral e formativo. A tarefa centrouse no fortalecemento das súas liñas de defensa de dereitos en espazos de traballo do fogar e coidados e de sensibilización hacia a opinión pública, así como incidencia coas autoridades políticas. No eido de Cidadanía e Participación tiveron lugar numerosas iniciativas novedosas e innovadoras para fortaleceren lazos comunitarios nos barrios e impulsaren a autonomía e a voz propia das persoas migrantes. 420 persoas pasaron por espazos de participación cidadaá e unhas 1.500 por iniciativas de ocio e lecer.

O SXM agradece de forma sincera e agarimosa a todas as persoas que fan posible este labor que ten por obxectivo acadar a xustiza social e obter unha maior inclusión e igualdade para as persoas migrantes: mais de 1.200 persoas voluntarias e case que 70 membros dos equipos técnicos e directivos que forman o grupo humano que impulsa o traballo do SXM.