Unha vixilia de oración para reivindicar que vivir sen CIE é posible

Vivir sen CIE é posible. Este é a mensaxe que se transmitiu esta vez na vixilia de oración en solidariedade coas persoas internadas nestes centros e que se celebra cada ano convocada polas distintas organizacións da rede do Servizo Xesuíta a Migrantes. Nesta ocasión, o encontro púidose celebrar en Barcelona o pasado sábado, diante o Centro de Internamento de Estranxeiros da Zona Franca, mentres que a vixilia convocada en Madrid aprazouse ata unha nova data.

O grupo de visitas ao CIE da Fundació Migra Studium, que organiza a vixilia en Barcelona, contou coa adhesión de máis de 60 entidades e colectivos. O número de participantes estaba limitado, pero o acto púidose seguir en directo a través de Instagram.

 A iniciativa serviu para denunciar o sufrimento inxusto e inútil de miles de persoas internadas nestes centros. Léronse os testemuños de internos, recollidos polos voluntarios que os visitan. Algúns deles sofren problemas de saúde ou son menores. Os seus relatos poñen en evidencia as vulneracións de dereitos que se dan no interior dos CIE. «Son menor. Non se porque estou aquí. Fai cinco días que cheguei e non podo durmir nin comer. Teño medo na cela, no patio, no comedor», explicaba ao voluntario un mozo alxerino que foi finalmente deportado.

O bispo auxiliar de Barcelona, Mons. Javier Vilanova que asistiu ao acto, reivindicou a necesidade de acompañar ás persoas internadas. «Queremos que sintan o noso corazón que os ama e que defende os seus dereitos e a súa dignidade».

En marzo do ano pasado, co estado de alarma pola pandemia, o CIE quedou baleiro e pechado. «Durante sete meses demostrouse que podemos vivir sen CIE», di Migra Studium. Pero o mes de outubro os Centros de Internamento de Estranxeiros volvéronse a reabrir, en condicións aínda máis difíciles, xa que están restrinxidas as visitas tanto de familiares como de entidades e ONG.

A hostilidade que representa o CIE contrastou con testemuños de hospitalidade. Persoas migrantes ou refuxiadas que puideron contar coa acollida e o apoio da rede de hospitalidade. Durante a vixilia, que tivo unha dimensión reivindicativa e contemplativa, léronse textos de diferentes tradicións relixiosas e acenderon #ver que representan o sufrimento de todas as persoas que deixan a súa terra buscando un presente e un futuro mellor.

O SJM renova a súa imaxe corporativa

O Servizo Xesuíta a Migrantes – España (SJM) renova a súa imaxe corporativa para seguir consolidando o seu traballo de acompañamento, servizo e defensa ás persoas migrantes e refuxiadas. Hai máis de 10 anos o SJM naceu como unha rede que aglutina ás organizacións sociais xesuítas que traballan en diversas cidades acompañando á poboación migrante. Nos últimos tempos, a rede foise consolidando en máis espazos da xeografía española. Este cambio que afronta agora a entidade responde á misión e visión que nos acompañou desde as nosas raíces: a necesidade de responder os cambios sociais e a convicción de que a mobilidade e a adaptación é unha calidade e unha condición intrínseca de todos os seres humanos.

Esta renovación de imaxe e da páxina web supón unha aposta actualizada que nos axuda a comunicar quen somos no noso contexto actual. O novo logo responde a unha figura simplificada, moderna e estilizada, cunha cor coherente co do Sector Social da Compañía de Jesús, ao cal pertence SJM. A tipografía suave simboliza a proximidade e a calidez coa que o persoal profesional e voluntariado desempeñan o seu labor diario.

O ‘m’ de migrantes representa a nosa esencia principal: a parte superior representa unha ponte de achegamento a outras culturas e relixións, onde a diversidade é riqueza e a discriminación non ten lugar. A parte inferior está formada por tres brazos que responden as tres palabras que configuran o lema da organización irmá do SJM, o Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS): acompañar, servir e defender.


SJM é unha rede de entidades que traballan pola defensa dos dereitos das persoas migrantes e o seu pleno acceso á cidadanía, presentes en 10 cidades do territorio: Barcelona (Migra Studium), Bilbao (Fundación Ellacuría), Burgos (Atalaia Intercultural), Madrid (Pobos Unidos-Pai Rubio), San Sebastián (Asoc. Loiolaetxea), Sevilla (Asoc. Claver), Tudela (Centro Lasa), Valencia ( SJM Valencia), Valladolid (Rede Íncola), ademais dunha oficina técnica en Madrid e outra de atención en Melilla.

Publicamos o Anexo ao informe CIE 2019 `Dez anos mirando a outro lado´

Publicamos o Anexo ao Informe CIE 2019 coas cifras oficiais do Ministerio do Interior que, este ano, chegan meses tarde e con escasos datos, incumprindo a Lei de transparencia.

Aínda que o SJM sempre desenrolou o seus informes anuais contrastando as cifras facilitadas polo Goberno, esta vez publicouse sen a maioría delas, algo inxustificable incluso a pesares da pandemia polo COVID-19. Tal e como apuntouse no anexo “A falta de información suscita moitos interrogantes, no só acerca dos motivos subxectivos da falta de transparencia, seno tamén polas realidades obxectivas que implica cada dato”

No informe CIE 2019 ao que se anexa esta publicación, “Dez anos mirando a outro lado”, trátase da décima publicación de análise e investigación sobre a situación dos CIE. Este traballo anual estudia a longa lista de vulneracións de dereitos que se dan no interior destes centros, analiza o Regulamento CIE (que se incumpre de forma constante e perpetúa un modelo carcerario que non garante os dereitos recollidos no seu contido) e sintetiza as cifras daquilo que os equipos do SJM observan nas súas visitas.

Os datos que aparecen no anexo deste informe 2019 divídense en tres seccións: unha lista de oito puntos que retratan o internamento segundo as cifras oficiais, as cifras sobre internamento e a visión sobre os CIE dos Fiscais Delegados de Estranxeiría, segmentado entre os sete CIE que hai neste momento en España.

Máis de 58.000 persoas acompañadas pola rede SJM no 2019

O Servizo Xesuíta a Migrantes (SXM) presenta a súa Memoria Anual 2019, nun ano no que se consolidou o labor de acompañamento, servizo e defensa das persoas migrantes e refuxiadas, e o seu pleno acceso á cidadanía. Un total de 58.965 persoas foron acompañadas no 2019 polas obras que forman parte da rede nas distintas liñas de traballo.

No eido da Inclusión, que ten por obxectivo facilitar ferramentas de integración á poboación migrante nas cidades nas que traballamos, casi 40.000 persoas foron acompañadas en atención xurídica, laboral e psico-social individualizada; primeira acollida e orientación básica; e en proxectos de empleabilidade e formación.

A oficina de Frontera Sur en Melilla, na que se ofrece asesoramento xurídico xunto ó labor de observación de dereitos humanos, foron atendidas 530 persoas de 21 nacionalidades distintas o pasado ano; ademáis de 130 accións legáis levadas a cabo ante distintas autoridades e institucións.

En Hospitalidade, a liña de acollida a persoas migrantes forzosas especialmente vulnerables, 460 persoas foron acollidas residencialmente en máis de 70 iniciativas solidarias tanto de grupos laicos, rede de familias, como comunidades relixiosas. O proxecto de Patrocinio Comunitario no País Vasco foi o feito máis innovador do ano. 53 das persoas acollidas eran mulleres que formaron parte de proxectos específicos de xénero, así como moitas das persoas acollidas eran mozos e mozas non acompañados.

Outra das liñas de traballo é a presenza nos CIE (Centros de Internamento de Extranxeiros) onde un grupo de persoas voluntarias e técnicas visitan aos internos en cinco lugares diferentes do territorio. En 2019, ademáis de presentar o noveno informe anual, realizáronse 1.462 visitas a 793 persoas; e se levaron a cabo 61 accións legáis co fin de mellorar as condicións de internamento e traballar polo fin destes inhumanos centros.

Un forte pulo experimentó a liña de Diálogo Interrelixioso, coa consolidación de tres espazos de sensibilización sobre a diversidade de crenzas, polos que pasaron case 7.000 persoas (a maioría alumnado de centros educativos) e o inzamento de numerosas actividades de intercambio cultural, nas que participaron máis de 1.600 persoas.  

A liña estratéxica de Muller Migrante e Traballo do Fogar continuou co apoio a case 5.000 mulleres, sobre todo no terreo laboral e formativo. A tarefa centrouse no fortalecemento das súas liñas de defensa de dereitos en espazos de traballo do fogar e coidados e de sensibilización hacia a opinión pública, así como incidencia coas autoridades políticas. No eido de Cidadanía e Participación tiveron lugar numerosas iniciativas novedosas e innovadoras para fortaleceren lazos comunitarios nos barrios e impulsaren a autonomía e a voz propia das persoas migrantes. 420 persoas pasaron por espazos de participación cidadaá e unhas 1.500 por iniciativas de ocio e lecer.

O SXM agradece de forma sincera e agarimosa a todas as persoas que fan posible este labor que ten por obxectivo acadar a xustiza social e obter unha maior inclusión e igualdade para as persoas migrantes: mais de 1.200 persoas voluntarias e case que 70 membros dos equipos técnicos e directivos que forman o grupo humano que impulsa o traballo do SXM.