O Servizo Xesuíta a Migrantes (SXM) presenta a súa Memoria Anual 2019, nun ano no que se consolidou o labor de acompañamento, servizo e defensa das persoas migrantes e refuxiadas, e o seu pleno acceso á cidadanía. Un total de 58.965 persoas foron acompañadas no 2019 polas obras que forman parte da rede nas distintas liñas de traballo.
No eido da Inclusión, que ten por obxectivo facilitar ferramentas de integración á poboación migrante nas cidades nas que traballamos, casi 40.000 persoas foron acompañadas en atención xurídica, laboral e psico-social individualizada; primeira acollida e orientación básica; e en proxectos de empleabilidade e formación.
A oficina de Frontera Sur en Melilla, na que se ofrece asesoramento xurídico xunto ó labor de observación de dereitos humanos, foron atendidas 530 persoas de 21 nacionalidades distintas o pasado ano; ademáis de 130 accións legáis levadas a cabo ante distintas autoridades e institucións.
En Hospitalidade, a liña de acollida a persoas migrantes forzosas especialmente vulnerables, 460 persoas foron acollidas residencialmente en máis de 70 iniciativas solidarias tanto de grupos laicos, rede de familias, como comunidades relixiosas. O proxecto de Patrocinio Comunitario no País Vasco foi o feito máis innovador do ano. 53 das persoas acollidas eran mulleres que formaron parte de proxectos específicos de xénero, así como moitas das persoas acollidas eran mozos e mozas non acompañados.
Outra das liñas de traballo é a presenza nos CIE (Centros de Internamento de Extranxeiros) onde un grupo de persoas voluntarias e técnicas visitan aos internos en cinco lugares diferentes do territorio. En 2019, ademáis de presentar o noveno informe anual, realizáronse 1.462 visitas a 793 persoas; e se levaron a cabo 61 accións legáis co fin de mellorar as condicións de internamento e traballar polo fin destes inhumanos centros.
Un forte pulo experimentó a liña de Diálogo Interrelixioso, coa consolidación de tres espazos de sensibilización sobre a diversidade de crenzas, polos que pasaron case 7.000 persoas (a maioría alumnado de centros educativos) e o inzamento de numerosas actividades de intercambio cultural, nas que participaron máis de 1.600 persoas.
A liña estratéxica de Muller Migrante e Traballo do Fogar continuou co apoio a case 5.000 mulleres, sobre todo no terreo laboral e formativo. A tarefa centrouse no fortalecemento das súas liñas de defensa de dereitos en espazos de traballo do fogar e coidados e de sensibilización hacia a opinión pública, así como incidencia coas autoridades políticas. No eido de Cidadanía e Participación tiveron lugar numerosas iniciativas novedosas e innovadoras para fortaleceren lazos comunitarios nos barrios e impulsaren a autonomía e a voz propia das persoas migrantes. 420 persoas pasaron por espazos de participación cidadaá e unhas 1.500 por iniciativas de ocio e lecer.
O SXM agradece de forma sincera e agarimosa a todas as persoas que fan posible este labor que ten por obxectivo acadar a xustiza social e obter unha maior inclusión e igualdade para as persoas migrantes: mais de 1.200 persoas voluntarias e case que 70 membros dos equipos técnicos e directivos que forman o grupo humano que impulsa o traballo do SXM.