Informe Lumen VII: Analizamos as políticas de integración e inclusión da Unión Europea na Axenda de Migracions.

Nesta sétima entrega dos informes breves Lumen queremos profundar as iniciativas que está desenvolvendo a Unión Europea dentro da súa Axenda de Migracións para os próximos anos.

En concreto analizamos o Plan de Acción para a Integración e a Inclusión da Comisión Europea. Este documento é un dos instrumentos que desenvolver o Pacto Europeo sobre Migración e Asilo na Unión Europea ao que dedicamos o preimeiro informe Lumen. A mirada que propoñemos trata de poñer en contexto ambas propostas en analizar os alicerces e grandes coordenadas da folla de ruta para a migración que se está construíndo. Á luz dos datos que axudan a contrastalo, recollemos as claves sobre as súas implicacións en termos do relato sobre as migracións, as políticas específicas e as oportunidades e desafíos que nos presenta.

A nova folla de ruta da Unión Europea se estrutura en tres grandes eixes: control de fronteiras, control de fluxos e impulso de políticas xerais de cohesión social con apoios específicos no acceso a dereitos para grupos vulnerables específicos.

En termos da narrativa, a defensa da integración como un compromiso bidireccional e que require o aporte da sociedade no seu conxunto parécenos positivo. Con todo, reforza a idea de “un estilo de vida europeo” no que os elementos de radicalización son un factor exóxeno que dalgún xeito prodúcense debido aos efectos da migración.

O Plan parece responder máis á inmigración que a UE quere ter que á que realmente ten. A proposta céntrase en catro eixes principais como elementos crave nos procesos de integración: educación, emprego, saúde e vivenda. A realidade dos fluxos migratorios mixtos, da inmigración irregular e da migración forzosa coloca ás persoas migrantes en situacións de vulnerabilidade profunda que require, non de políticas e medidas puntuais, senón de plans integrais.

O marco de acción ten dúas implicacións principais. Por unha banda, orienta as políticas e narrativas dos estados membro afectando ao final ás ferramentas de financiamento do traballo coa poboación migrada. Doutra banda, abre o debate sobre as vías efectivas de migración legal onde temos a responsabilidade de participar.