Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado 2021. Cara a un ‘Nós’ cada vez máis grande.

O vindeiro domingo 26 de setembro celébrase, como cada ano, a Xornada  Mundial do  Migrante e Refuxiado, co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre  os desafíos constantes que sofren os  migrantes e refuxiados no mundo, persoas en situación de vulnerabilidade que buscan unha vida digna noutros lugares. 

É importante non esquecer o alcance tan catastrófico que tivo a pandemia en todos os recunchos do mundo, cun maior impacto nas persoas máis vulnerables da sociedade, cuxos dereitos humanos quedaron ao carón. Por iso, o Papa Francisco explica que “se coñecemos a súa historia, poderemos comprendelos” e, deste xeito, loitar e velar polos dereitos de cada persoa, entendendo que miles de vidas que vense obrigadas a deixalo todo atrás non han de quedar desamparadas. 

A (JMMR) Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado avoga por unha concienciación social que deixe ao carón, citando ao Santo Pai, “o noso medo dos outros, dos descoñecidos, dos marxinados, dos forasteiros que chaman á nosa porta en busca de protección, seguridade e un futuro mellor”, enxalzando a nosa humanidade, sen diferenciar unha vida pola súa condición social ou humana. 

Persoas sen igualdade de oportunidades, destinadas a fuxir dos seus fogares, familias enteiras marxinadas buscando un lugar onde sentirse seguras. É unha realidade innegable que hai que combater e, por iso, a  JMMR apoia e  intercede polos seus dereitos de maneira que podamos construír un “Nós” universal nunha sociedade que entenda que todas as vidas son valiosas.

Para máis información sobre a  JMMR, accede aquí.