Publicamos o noso informe «Enfocar a mirada: cara a un modelo de acollida integral que poña no centro ás persoas»

Coa chegada do Covid-19 os Estados membros da UE comezaron a tomar medidas para limitar o contaxio: confinamento, distancia social, restricións de mobilidade nacionais e internacionais… Estas medidas tiveron consecuencias directas nas persoas solicitantes de protección internacional, tal e como analiza o JRS Europa no seu informe De mal a peor: o Covid-19 profunda nas brechas dos sistemas de acollida de refuxiados, publicación que estuda o impacto do Covid-19 nas condicións de acollida de persoas refuxiadas.

No caso de España recoñécense elementos comúns ao exposto a nivel europeo, aínda que identificamos particularidades relacionadas coas políticas concretas adoptadas en España para atenuar a crise sanitaria, ademais de coincidir co proceso de transformación do noso sistema de acollida. Neste contexto expómonos: Que achegas pode facer o SJM a un novo modelo de acollida? Que leccións aprendidas poderían sumar no modelo?

Desta reflexión nace o noso informe Enfocar a Mirada, onde ofrecemos as leccións aprendidas do estudo europeo e a visión do SJM sobre o sistema de acollida en España: cara a onde debe ir encamiñado e a nosa visión de como se está dando resposta ás persoas con necesidades de protección. Por último, presentaremos a nosa proposta de modelo comunitario, a través do patrocinio e a rede de comunidades de hospitalidade.

Descarga o informe completo aquí