Publicamos o informe Lumen V ‘Canle de Atención Virtual: aprendizaxes e retos de futuro’

Continuando coa serie de estudos LUMEN, que pretenden dar a coñecer a actualidade migratoria, sae á luz o quinto informe ‘Canle de Atención Virtual: aprendizaxes e retos de futuro’. Con motivo do primeiro aniversario da declaración do Estado de Alarma en España, esta entrega centra a mirada na resposta articulada que dende o Servizo Xesuíta a Migrantes levouse a cabo nun momento de crise tan complexa para todos.

A través deste canle – servizo novo e creativo xurdido a raíz do primeiro confinamento – o Servizo Xesuíta a Migrantes tentou replicar as súas atencións habituais, axustándose a un contexto completamente distinto e ofrecendo respostas en momentos de moitas dúbidas. Ademais, a canle permitiu coñecer con detemento os problemas e preocupacións ás que se enfrontaron as persoas en cada etapa do atípico 2020:

Que sucede coa miña cita con Estranxeiría? Se os meus documentos caducan durante o estado de alarma, terán validez? Podería a Administración responder durante a alarma e requirir nova documentación? Podo chegar a un acordo co meu caseiro para postergar o pago do alugueiro pola miña nova situación? Podo volver a España se me quedei atrapado fóra? E se estaba de turismo en España e canceláronme todos os voos ao meu país?

Reflexionando sobre o seu funcionamento, as aprendizaxes extraídas e os retos que quedan no horizonte, con este informe queremos agradecer a toda a cidadanía polo esforzo conxunto e a solidariedade mostrada nun momento tan complicado, que nos impulsa a seguir traballando de maneira nova por estar preto das persoas migrantes en España.


DESCARGA O DOCUMENTO AQUI