Publicamos o Informe LUMEN IV ‘A expulsión como arma contra a estancia irregular’

Continuando coa serie de estudos LUMEN, que pretenden dar a coñecer a actualidade migratoria, sae á luz o cuarto informe ‘A expulsión como arma contra a estancia irregular’. Nesta cuarta entrega ponse de relevo unha parte importante da realidade migratoria: a estancia irregular.

As persoas que entran e residen nun país de forma irregular enfróntanse a unha crecente vulnerabilidade, máis aínda agora coa pandemia mundial. Calcúlase que en España son 500.00 persoas que viven nesta situación.

Nesta entrega abordaremos o que establece A Lei de Estranxeiría española sobre a situación irregular en canto a sancións de multa e infracción ou expulsión, poñendo o acento nas sentenzas do TJUE de 2015 e 2020 para poder, así, expor finalmente algunhas reflexións: debe ser considerada a estancia irregular como unha infracción grave? Debe ser castigada coa expulsión? E aínda cunha multa? Establecemos, por último, con axuda das respostas a estas preguntas, un claro posicionamento ante esta situación.

DESCARGA O DOCUMENTO COMPLETO AQUÍ