Proposta para Reforma do Regulamento de Estranxeiría que garante inclusión de nenos, nenas, mozos e mozas migrantes non acompañados.

ENTIDADES E PROFESIONAIS DE INFANCIA E MIGRACIÓN PROPOÑEN UNHA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE EXTRANXEIRÍA QUE GARANTE O DEREITO PARA DOCUMENTARSE DOS NENOS E NENAS QUE CHEGAN SÓS A ESPAÑA.

Estas propostas, realizadas no marco do trámite de consulta pública aberto polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a principios de febreiro, teñen como único fin facilitar a tódoslos nenos e nenas a súa transición á vida adulta.

A proposta de modificación que expoñen os profesionais e entidades expertas teñen como obxectivo garantir a plena e efectiva integración na sociedade española destes nenos, nenas, mozos e mozaas, de acordo coa lexislación nacional e internacional que garante a protección dos Dereitos Humanos, e, en especial, os Dereitos da infancia.

O documento presentado céntrase nos artigos relativos á identificación, documentación, tramitación e renovación das autorizacións de residencia e traballo dos nenos, nenas e adolescentes que chegaron sós a España e que estiveron baixo a garda e/ou tutela das entidades públicas de protección das Cidades e Comunidades Autónomas. Seguindo a liña das recomendacións do Defensor do Pobo xa aceptadas polo Ministerio, exponse a necesidade dunha modificación exhaustiva dos artigos 196, 197 e 198, e, dando un paso máis, propóñense modificacións dos artigos 148, 190 e 211 do mesmo texto regulamentario.

Ademais, inclúense varias Disposicións Transitorias para a aplicación retroactiva do Regulamento, co obxectivo de documentar a todos os mozos e mozas que, aínda que foron menores de idade desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a actualidade, non accederon á súa documentación a pesar de ter dereito a iso, o que lles sitúa en situación de exclusión social.

O Regulamento actual multiplica trámites administrativos, dilúe responsabilidades entre as distintas administracións e non proporciona respostas áxiles e eficaces ás necesidades reais destes nenos e nenas. A falta de autorización de traballo automática para os mozos e os mozas migrantes en idade laboral, as esixencias ao sector empresarial e aos mozos e mozas para a tramitación da súa autorización de traballo e posterior contratación, a vixencia de tan só un ano das tarxetas de residencia dos menores tutelados e os obstáculos para a súa renovación, as dificultades na obtención das cédulas de inscrición e a disparidade de criterios a nivel provincial para a súa tramitación e o non recoñecemento da validez dos documentos de identidade dos nenos e nenas expedidos polas Autoridades dos seus países de orixe, son algunhas das cuestións que abocaron á infancia e mocidade á máis absoluta indefensión.

CONSULTA AQUÍ LA NOTA DE PRENSA CON TODAS LAS PROPUESTAS Descarga

CONSULTA AQUÍ EL DOCUMENTO COMPLETO DE PROPUESTAS DE REFORMA RLOEX Descarga